Todo comezou cando na última asamblea de GPUL decidimos que este ano, no canto de andar organizando macroeventos (ilusos de nós), asistiriamos a eles. E foi así como uns cantos rematamos no FOSDEM 2011.
Xa un par de meses antes de ir tocou ir organizando a viaxe, coma bos directivos. Buscando voos, aloxamento, rutas, mapas, planos, transportes, etc. E con todo ben montado, alá fomos. Pero non hai organización que por boa que sexa, Murphy non poida foder. E así comezou a viaxe.
Venres, día 4.
06:50 horas. Soa o espertador. Comeza un día que ningún de nós agardaba tan esgotador.
07:50 horas. Collo o bus de Rialta pra baixar á estación de tren da Coruña.
08:20 horas. Diego máis eu collemos o tren A Coruña - Santiago de Compostela.
09:02 horas. Collemos o bus Santiago de Compostela - Lavacolla.
09:35 horas. Chegamos ó aeroporto e comezan os problemas. O aeroporto amence totalmente cuberto pola néboa. Millán chámanos ó móbil avisándonos de que están desviando tódolos voos ós aeroportos máis cercanos porque os avións non poden aterrar, debido a que o aeroporto ten o sistema anti-néboa inoperativo por obras (disto último enterariámonos á volta). A Millán, que tiña voo con Vueling, mándano en bus á Coruña, a onde desvían o seu avión. E con el a meu primo David e a un amigo, ós que atopei no aeroporto de casualidade e que ían con destino Barcelona. A nós tócanos agardar, xa que o noso voo non sae ata as 11:15 horas.
11:15 horas. Levamos un par de horas agardando diante da porta de embarque a ver se nos comunican algo, pero nada. O día segue igual, cun pouco máis de claridade. Por megafonía continúan dando avisos de desvíos de voos e autobuses que parten cara a outros aeroportos. Seguimos agardando co corazón nun puño, mantendo a esperanza, aínda que os avisos precedentes non presaxian nada bo.
11:20 horas. Aparecen as azafatas de Raynair, pero seguen sen dar moita información. Parece ser que o avión está dando voltas ó aeroporto evaluando a situación. Mantemos a esperanza.
11:50 horas. As azafatas comunícannos que o avión se desvía finalmente a Oporto (si, lestes ben, a Oporto; seica é o aeroporto máis cercano no que opera Ryanair). Dannos dúas opcións: ou coller un bus a Oporto ou recuperar o importe do billete e buscarnos a vida pra chegar a Madrid. E tan só 5 minutos pra decidilo, pois o bus sae ás 12:00 horas. Nin tempo a poñer unha reclamación nos dá.
12:00 horas. Collemos o maldito bus a Oporto. E de paso mercamos uns billetes novos Madrid-Bruxelas para o sábado ás 07:20 horas, tamén con Raynair (isto último polas présas e por parvos), pois o máis probable é que perdamos o enlace que sae de Madrid ás 15:40 horas.
15:00 horas (hora española). Chegamos ó aeroporto de Oporto. Maréannos de aquí para alá varias veces para cambiar a tarxeta de embarque.
15:55 horas. Levamos unha hora agardando na porta de embarque. Non entendemos nada. O avión tivo tres horas pra poñerse en condicións mentres chegabamos. E temos que agardar unha hora máis porque si? Nada ten sentido.
16:00 horas. Partimos cara a Madrid. Non era sen tempo.
17:20 horas. Chegamos a Madrid. O único bo do voo, Lorena, unha azafata andaluza moi simpática.
17:25 horas. Acumulamos 5 horas de atraso. Preguntamos polo enlace nun mostrador de Aena. O voo saiu puntual (ironicamente, sería o único que saiu puntual durante toda a viaxe). ¡Merda, Ryanair, merda! Preguntámoslle ó rapaz do mostrador por hoteis pra pasar a noite. Amablemente ofrécesemos a darnos o número dun económico (e iso que o teñen totalmente prohibido) xa que, "non temos pintas de poder pagar 150 euros por unha noite de hotel". Moi agradecidos.
17:30 horas. Achegámonos ata o mostrador de Ryanair, a poñer unha reclamación. A azafata estóupanos na cara que non temos dereito a reclamación algunha e que non teñen follas de reclamación; que se queremos poñer unha, o fagamos a través da web da compañía.
17:35 horas. Indignados, buscamos o mostrador de AENA e poñemos cadansúa reclamación tamaño industrial, axudados por unha azafata filipina moi simpática (aínda que con moito humor negro). Poucas esperanzas de recuperar un peso, pero moita dignidade.
18:00 horas. A esta hora deberiamos de estar tomando pintas no FOSDEM Friday Beer Event, pero non tivemos esa sorte.
18:40 horas. Metémonos nun self-service do aeroporto e xantamos algo (si, xantamos), coa conseguinte sabrada.
19:00 horas. Mentres xantamos, chamamos ó hostal que nos recomendaron. Cheo. ¡Merda de IFEMA!
19:10 horas. Tiramos de internet móbil e buscamos hoteis medio decentes a precios económicos. Chamamos ó TRYP Diana. Temos habitación. Pasan a recollernos en breves (si, seica se estila moito iso de hoteis cernanos ó aeroporto con servicio de microbús propio, pra levar e traer clientes).
20:00 horas. Xa no hotel. Rexistrámonos, deixamos as cousas na habitación, descansamos un pouco, miramos un pouco internet (que nos regalou o recepcionista, xa que era de pago -graciñas-)...
21:20 horas. Baixamos cear. Por non nos mover máis, xa que estabamos baldados, decidimos cear nun dos negocios do hotel. Un bar de tapas andaluz bastante mal montado e levado e cuns prezos abusivos. Só dicir que vira xente avariciosa, pero nunca ata tal punto. O que alí vimos dá pra outra entrada tranquilamente. Un bocadillo de tortilla e unha caña e andando.
22:00 horas. Agardamos en recepción a que nos atendan e nos fagan a factura, xa que temos que madrugar moito e non nos apetece madrugar máis por ilo; máis aforramos desgustos por posibles atrasos de última hora.
22:30 horas. Xa na habitación. Miramos internet outro pouco, vemos un pouco a televisión e a durmir o pouco tempo que nos queda.
E ata aquí a primeira entrada. Irei partindo a viaxe en varios anacos, pois faise longa pra unha soa entrada. Agardo que vos gusten.
Xa un par de meses antes de ir tocou ir organizando a viaxe, coma bos directivos. Buscando voos, aloxamento, rutas, mapas, planos, transportes, etc. E con todo ben montado, alá fomos. Pero non hai organización que por boa que sexa, Murphy non poida foder. E así comezou a viaxe.Venres, día 4.

1 comentarios:
Parece que Murphy vos odia :)
Publicar un comentario en la entrada