Entérome vía rolda de correo de Cooker que este Nadal teremos un fermoso agasallo por parte de Mandriva: Mandriva Linux 2010.2.Esta nova versión traerá unha reestilizada interface, as pertinentes correccións de erros e algunha que outra mellora. Dita versión estará dispoñible a partires do 22 de decembro.
A título persoal, dicir que me sorprendeu bastante esta nova, pois é a primeira vez que se dá tal cousa en Mandriva. Ademáis, a versión 2010.1 é a máis estable que lembro de hai 3 anos para aquí (tamén hai que dicir que atrasar a súa saída, axudou bastante). Vamos, que non lle acabo de ver o sentido, pero que me gustou a sorpresa.
Empeza a darme a versionite. E a vós?
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada