Xa está aquí Mandriva 2010 Spring. Si, non era sen tempo (e ademáis, anúncioo con bastante atraso), pero o producto final é o mellor que vin en moito tempo (disto falarei nunha vindeira entrada).

Tal e como en anteriores ocasións, temos varias versións dispoñibles (todas con versións para x86-32 e x86-64):
- One Edition: live-cd instalable que integra os últimos drivers propietarios, sen cargo algún. Hai seis versións dispoñibles baixo este nome: catro con KDE e dúas con GNOME, cada unha con distinto soporte de linguas (neste caso, o galego non está dispoñible a priori, pero pódese intalar posteriormente).
- Powerpack Edition: inclúe soporte, servicios e un número maior de paquetes, aplicativos propietarios de terceiros e un subconxunto dos códecs de Fluendo.
- Free Edition: live-dvd intalable que contén exclusivamente software libre.
- Tamén é posible actualizar dende versións anteriores directamente a través dos repositorios, tanto de maneira gráfica como en modo texto.
- Ferramentas de Mandriva: conta de convidado, método KA (instalación mediante clonación), Disdrake (cifrado do sistema), xestor de soportes, cargador de arrinque (protección mediante contrasinal cifrado en GRUB), msecgui (interface gráfica para o comprobador da seguridade do sistema), drakguard (bloqueador de aplicacións), netprofile (soporte para servicios personalizados) e Mandriva Directory Server.
- Contornas de escritorio: GNOME 2.3.0.1 e KDE 4.4.3 (entre moitos outros), Firefox 3.3.6, OpenOffice 3.2, Chromium, Opera e un longo etcétera.
- Servidor X: driver Nouveau, Mesa 7.8 e driver X11 2.11.0 de Intel.
- Sistema base: kernel 2.6.33.4, driver ntfs-3g 2010.03.06 e Glibc 2.11.1.
- Administración do sistema: Sysklogd, Munin 1.4.4, Spamassassin, Zabbix, Postfix 2.7.0, Zarafa e nova versión do Network-Manager.
- Internacionalización: incluíuse iBus no repositorio contrib.

E ata aquí o máis reseñable. Se queredes máis información, aquí a tedes: http://wiki.mandriva.com/en/2010.1_Notes
Agardo que polo menos vos animedes a probala.
Agardo que polo menos vos animedes a probala.

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada