viernes 2 de julio de 2010

Mandriva Linux 2010 Spring: atraso de última hora

Debido a problemas internos de organización e de hardware, a data de publicación oficial atrásase ata o 8 de xullo.

As ligazóns torrent das imaxes Free para os Early Seeders deberían de estar dispoñibles esta fin de semana e, agárdase que as imaxes One, o estén o luns.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola gaiteiro, son Ignacio Agulló. Lin a nova da publicación de Mandriva en Código Cero:
http://www.codigocero.com/Xa-esta-disponible-en-galego-e
Así que descargueina, quemei un CD e estouna a probar en vivo; escríbote dende Madriva 2010 Spring... pero en español.
Non miro que o galego estea dispoñible no panel de "Región e idioma".

Xuco dijo...

Boas Ignacio.

Primeiro de nada, desculpa pola tardanza, pero estiven fóra de liña esta fin de semana por mor do traballo.

Para poder solucionarche a dúbida, preciso saber qué versión en concreto é a que baixaches, xa que existe a One e a Free.

Dende calquera das dúas, deberías de poller escoller o idioma no arrinque. Se mal non lembro (así de memoria), creo que hai que pulsar F2 (ou outro parecido) no menú de arrinque (aparecen as opcións xusto no fondo á esquerda).

Se o que baixaches foi a versión One, asegúrate de que baixaches a versión correcta, porque hai varias versións distintas dependendo da zona na que residas. Para o galego, tés que baixar unhas das versións Europe. Concretamente, a versión europe1.

Actualización: vale estou revisando os idiomas que traen tanto a europe1 como a europe2 e non vén o galego.

ftp://ftp.join.uni-muenster.de/pub/linux/distributions/mandrakelinux/official/iso/2010.1/mandriva-linux-one-2010-spring-KDE4-europe1-americas-cdrom-i586.langs

Polo que entendo que ou nos desprezan ou hai un bug. Darei conta disto nas listas de traducción de Mandriva para que se poñan as pilas co tema. Graciñas polo aviso.

De tódolos xeitos, se queres ter Mandriva en galego, terás que baixar a versión Free. Esta tráeo seguro (eu xa a teño instalada) e tamén ten modo Live-DVD, polo que a única diferencia estaría en que a versión Free trae moito máis software e non trae software propietario (aínda que se o precisas, pódelo instalar logo dende os repositorios).

Agardo que che servise de axuda. Proximamente publicarei unha entrada que teño pendente coas novidades e unha pequena revisión da nova versión.

Xuco dijo...

Polo que me comentan por aquí, o Galego non está incluído por defecto na versión One por non superar o nivel de traducción o 90% do total.

De tódolos xeitos (e creo que iso non o comentei), unha vez rematada a instalación da versión One (en castelán, por exemplo), podes instalar as locais do galego, que seguro que estarán dispoñibles nos repositorios.

Anónimo dijo...

Ola, son Ignacio Agulló de novo. Instalei a versión One, e remexín arriba e abaixo, pero non houbo xeito de poñela en galego. Mandriva One 2010 Spring simplemente non está en galego.

Xuco dijo...

Ola de novo.

Primeiro de nada, desculpa que non che respostase antes. Andaba cargado de choio e logo pasóuseme.

Pódese poñer en galego perfectamente. Outra cousa é que non o atoparas, aínda sendo sinxelo.

Para poñela en galego, o que tés que facer é instalar o paquete "locales-gl", ben dende un terminal co comando "urpmi locales-gl", ben dende o "Centro de control > Xestión do software > Instalar e eliminar software > Sistema > Internacionalización".

Logo diso, só tés que ir ó "Centro de control > Sistema > Localización > Xestionar a localización do seu sistema" e escoller o galego. Tamén podes cambialo a man dende un terminal, facendo un export.

Se me apuras, penso que se o fas dende o Centro de control, podes omitir o primeiro paso e xa che instala o paquete automaticamente.

Se tés algún problema máis, non dubides en dicirmo.

Saúdos.

Xuco dijo...

Outra cousa.

Se polo que fóse non aparecese o paquete, deberías agregar os repositorios que che poidan faltar.

Para iso, hai que ir outra vez ó "Centro de control > Xestión do software > Configurar as fontes multimedia para a instalación e a actualización > Engadir > Conxunto completo de fontes".

E iso é todo. Sorte!