Mandriva Linux 2010 Spring Beta 1 xa está dispoñible nos servidores públicos. Desta terceira versión de desenvolvemento podedes atopar as imaxes da versión Free en DVD (32 e 64 bits) e as imaxes da versión One en CD (GNOME ou KDE).
Esta versión inclúe GNOME 2.30 (publicada o 1 de abril) e unha versión preliminar de GNOME Shell, a cal formará parte de GNOME 3 (a cal se agarda que sexa publicada en setembro deste ano). Por suposto, tamén está dispoñible KDE 4.4.2, así coma varias actualizacións para moitas aplicacións da distribución.
Coma recordatorio, aquí tedes a planificación:
http://wiki.mandriva.com/en/2010.1_Development#Planning
Podedes atopar máis información sobre esta Beta 1 aquí:
http://wiki.mandriva.com/en/2010.1_Beta1
Coma sempre, tódolos vosos comentarios son importantes para axudar a mellorar a calidade global da distribución. Podedes mandar as vosas propostas ou informar de erros atopados en Mandriva Bugzilla (http://qa.mandriva.com/).

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada