miércoles 10 de marzo de 2010

Mandriva Linux 2010 Spring alpha3: dispoñible para probas

Mandriva Linux 2010 Spring Alpha3 está dispoñible nos servidores públicos. Para esta terceira versión de desenvolvemento podedes atopar as imaxes da versión Free, para 32 e 64 bits. As imaxes da versión One, estarán dispoñibles un pouco máis tarde (construcción en curso).

Coma recordatorio, aquí tedes a planificación da liberación:
http://wiki.mandriva.com/en/2010.1_Development#Planning

Neste outro enlace tedes dispoñibles as especificacións:
http://wiki.mandriva.com/en/2010.1_Development#Technical_specifications

E, finalmente, podedes atopar máis información da Alpha2 aquí:
http://wiki.mandriva.com/en/2010.1_Alpha_3

Unha vez máis, lembrarvos que Mandriva agradece tódalas probas que se lle envíen xa que entende que son necesarias para axudarlle a mellorar a versión final.